Unha vaca mestiza vendida en Silleda por 7.798 euros, bate a marca de prezo da Central
COTIZACIÓNS
Na última sesión da lonxa realizáronse transaccións por importe de 518.970 euros
22 oct 2025 . Actualizado á 09:56 h.A Central Agropecuaria de Galicia Abanca de Silleda rexistrou o maior prezo pago por unha vaca neste mercado. A marca bateuno unha vaca mestiza nacida en febreiro de 2021, pertencente a unha explotación de Boimorto (A Coruña) que foi vendida a Frigoríficos Bandeira por 7.789 euros superando desta forma a outra vendida en marzo do pasado ano por 7.728 euros. A de onte é a femia de vacún mellor pagada no mercado silledense, aínda que non o exemplar de vacún maior, xa que neste caso, a marca teno un boi de raza mestiza que foi vendido e 8 de outubro de 2024 por 10.498 euros.
Na Central realizáronse transaccións por importe de 518.970 euros pola venda de 754 tenreiros de recría a un prezo medio de 688,29 euros. Vendéronse 401 exemplares de vacún maior por 908.832 euros cun prezo medio de 2.266 euros por res. Adxudicáronse así mesmo 214 tenreiros carniceiros cun volume de negocio de 334.029 euros e un prezo medio de 1.560,88 euros por animal.
En canto ás mesas de prezos, baixa o porcino cebado entre 0,030 e 0,039, segundo as categorías, mantense o dos leitóns e o coello e soben 0,100 os ovos.
