Medio Rural abonase a finais de semana un pago complementario de 2,4 millóns de euros da PAC 2024
AGRICULTURA

Desta forma acaba os pagos correspondentes a esta campaña que suman un total de216 millóns de euros, repartidos entre uns 22.500 agricultores e gandeiros
16 sep 2025 . Actualizado á 10:05 h.Máis de 2,4 millóns de euros. ese é o montante total do novo pago complementario da campaña da política agraria común (PAC) do 2024 que abonará a Xunta a finais desta semana. Desta forma pecha os pagos correspondentes a esa campaña e que contan cun presuposto total de máis de 216 millóns de euros repartidos entre uns 22.500 agricultores e gandeiros de Galicia.
Este pago adicional responde, como apuntan desde a Xunta, ao aumento do coeficiente definitivo de incremento da axuda básica á renda para a sustentabilidade (ABRS), tal e como establece o mecanismo de aproveitamento de fondos do Plan Estratéxico da PAC, e que permite aumentar linealmente o importe para pagar a ABRS cando os resultados doutras intervencións en forma de pagos directos fosen inferiores ao previsto.
Con este mecanismo, engaden desde a Xunta, «o remanente resultante fai que as achegas para a ABRS poidan incrementarse nun 5,14 %. Para acadar esta porcentaxe levouse a cabo un proceso de cálculo, no cal tamén se incluíron algúns expedientes que estaban pendentes de finalizar trámites das liñas de axudas redistributivas e de incorporación de persoas mozas».