Patrocinado por Patrocinadopor

Medio Rural aconsella usar fitosanitarios para previr a Flavescencia Dourada no viñedo

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso REDACCIÓN / LA VOZ

AGRICULTURA

Na web da consellería pódense consultar as materias activas e fórmulas autorizadas que se poden utilizar para combater esta enfermidade

27 jun 2023 . Actualizado ás 20:40 h.

Ante o aumento das temperaturas, a Consellería do Medio Rural aconsella o uso de tratamentos fitosanitarios autorizados que axuden a previr a Flavescencia Dourada, unha das consideradas praga de corentena por a Unión Europea que foi detectada por primeira vez en Galicia a principios deste ano. Desde a Administración autonómica lembran que o aumento da calor prevista para esta fin de semana favorecerá a actividade do insecto que transmite esta enfermidade, polo que se recomenda a realización de tratamentos insecticidas, que serán obrigatorios dependendo de onde se sitúen as parcelas. Non hai que esquecerse de que Galicia conta cunha zona demarcada por esta enfermidade.

Parroquias dos municipios de Arbo, A Cañiza, Crecente, As Neves, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Tui e Tomiño, así como o concello de Padrenda , en Ourense, figuran na cualificada como zona demarcada por esta enfermidade. A Flavescencia Dourada é unha praga provocada polo organismo Grapevine flavescence dorée phytoplasma, que a transmite o insecto vector Scaphoideus titanus. Antes que en Galicia xa foi detectada en Portugal, sobre todo, en zonas próximas á fronteira coa nosa comunidade. Dada a situación, o país veciño declarou unha zona demarcada que linda con varios municipios galegos, por iso é polo que a Xunta se vise obrigada a establecer unha zona tampón de 2,5 quilómetros coa fronteira.

Unha das medidas previstas para a erradicación desta enfermidade é que se debe efectuar, despois de que se detectou o insecto vector ou plantas con síntomas, consiste na aplicación dun tratamento fitosanitario autorizado en todas as plantas das parcelas de viñedo. Na web da consellería pódense consultar xa a lista de materias activas e formulados autorizados para estes tratamentos, así como as parroquias onde é obrigado aplicalo e aqueloutras nas que, simplemente, recoméndase. 

Desde Medio Rural lembran que os tratamentos químicos deben repetirse cada 15 días e que é preciso realizar un total de tres tratamentos. Tamén terán que respectarse as indicacións de uso dos produtos que aparecen na súa ficha de rexistro, especialmente aquelas referidas aos intervalos de uso e ao número máximo de aplicacións. Se os viticultores teñen algunha dúbida, engaden na consellería, poden achegarse a ofíciana rural máis próxima.