Se no 2020 canceláronse varias poxas pola pandemia do covid, nesta ocasión pola dermatosis nodular contaxiosa
28 oct 2025 . Actualizado á 08:45 h.No recinto feiral de Semana Verde en Silleda non entraron reses para ser poxadas na Central Agropecuaria que se celebra cada martes. A Xunta decidía decretar a suspensión de mercados, feiras ou lonxas como esta como medida preventiva ante a dermatosis nodular contaxiosa (DNG). Durante polo menos tres semanas vivirase esta situación atípica, que o caso silledense non se producía desde hai máis de cinco anos.
A pandemia do covid motivou no 2020 a suspensión dalgunhas poxas, retomándose a normalidade a partir da sesión do día 26 de maio, aínda que nese regreso con tope de animais. Un ano que se pechou cunha facturación de tan só 12,7 millóns de euros e cun 24% menos de reses que chegaron ao recinto feiral para ser adxudicadas. Uns números xa esquecidos, moi lonxe dos 39,6 millóns de euros de volume de negocio do pasado ano, onde se acadaron os 53.732 animais a poxa. Cifras que por outra banda se superarán neste 2025.
Este ano vivíronse momentos de ansiedade o pasado maio cando un nutrido grupo de compradores mostrouse críticos coa implantación definitiva do sistema dixital para puxar. Xusto antes o apagamento que se vivía en todo o país tamén motivou que se suspendese a poxa do 29 de abril, aínda que neste caso tratouse dunha situación puntual e inesperada, sen planificación previa. As queixas dos tratantes si motivaron un descenso de animais no mercado silledense, en especial de recría.
Nesta ocasión non se celebrarán nin a poxa de hoxe nin as do 4 e 11 de novembro, en espera de como evolucionen as decisións por parte da Xunta ao redor desta enfermidade, que polo momento non está a afectar en Galicia. Durante o ano a propia Central Agropecuaria si que suspende algunha sesión completa ou dalgunha sección por motivos operativos, como ocorre por exemplo nas datas de celebración da Semana Verde de Galicia en xuño.
Impacto económico millonario
Pero a pregunta é que supón a nivel económico a suspensión destas poxas. Se nos atemos ás cifras acadadas nas últimas sesións, o impacto resulta bastante relevante. O volume de negocio estivo por amais dos 1,5 millóns de euros, con picos incluso de 1,7. Por tanto deixaranse de facturar na Central polo menos máis de 5 millóns de euros pola suspensión das tres poxas. E todas as miradas están postas en que non se prolongue máis aló a situación no tempo. Os animais si poden levar de forma directa a matadoiros.
