Panorama, París de Noia e Os Satélites: onde ver as orquestras esta primeira fin de semana de xullo
SOCIEDADE

As orquestras favoritas do público estarán a tocar en Pontevedra, Lugo e A Coruña. Estas serán as súas actuacións
03 jul 2025 . Actualizado á 10:18 h.Dándose por inaugurada a tempada estival, as distintas parroquias e vilas de Galicia seguen recibindo ás orquestras para animar as súas verbenas. Esta fin de semana a Panorama, a París de Noia e Os Satélites estarán a viaxar por Pontevedra, Lugo, A Coruña e, no caso de París de Noia, chegarán ata Asturias.
A Panorama estará este xoves 3 de xullo en Tomiño para as festas da Virxe dos Remedios e San Cristovo de Goián, a partir das 22:30 horas. Ao día seguinte, o 4 de xullo, trasládanse a Lugo onde se presentarán ás 23:45 horas na XVII Festa da Xuventude de Palas de Rei. Para o sábado 5, a orquestra seguirá en Lugo, pero, esta vez, en Cervo, na celebración de Santa Isabel de Lieiro. Subirán ao escenario ás 22:30 horas e tamén estará Ritmo Mozo para alegrar a noite. Para rematar, pecharán a fin de semana o domingo 6 en Vilaboa para a verbena de San Roque e Virxe do Carmen de San Adrián de Cobres.
París de Noia, pola súa banda, empezará a xornada do venres 4 tocando nas Festas Patronais de San Pedro de Dimo, Catoira. A partir das 22:00 horas darase comezo á verbena coa orquestra e tamén estará presente o grupo A Mecánica. Ao día seguinte iranse de Galicia para desenvolver a única actuación en Asturias, do mes de xullo, na festa dos Exconxuraos. Este ano a celebración cumpre 25 edicións. Para rematar, o domingo 6 a orquestra trasladarase a Tomiño para o festexo da Virxe dos Remedios e San Cristovo de Goián onde farán a súa actuación a partir das 21:00 horas.

No caso dOs Satélites, estarán na celebración de Virxe do Rosario de Dorneda en Oleiros, o venres 4 a partir das 22:30 horas. Para a xornada seguinte, trasladaranse a Trazo, onde se sumarán aos festexos do Santísimo Sacramento e Virxe do Carme de Benza. O grupo Zona Zero, tamén amenizará a verbena. Pecharán a fin de semana cunha actuación o domingo 6 en Sarria para as festas de San Pedro de Taíde. A partir das 19:30 horas, sesión de tarde e verbena co grupo M-3 Show e peche cOs Satélites.
O Combo Dominicano e Olympus tamén terán a axenda completa para estas datas. O Combo Dominicano tocará o sábado 5 na festa de San Cristóbal de Portonovo, Sanxenxo. O domingo 6 estará nas Festas Patronais en honra a San Salvador, onde animarán o vermú e a verbena.
Olympus tamén estará en Pontevedra. En primeiro lugar, o sábado 5 desde as 23:00 horas para a Rapa das Bestas de Sabucedo, na Estrada. Para o domingo 6 trasladaranse a Pontecesures para as Festas do Carme. Á 22:30 horas comezará a verbena coa orquestra e desde as 01:30 horas tocarán os DJs Iván e Chito.