Lotería de Nadal 2024: guía dos grandes premios e canto toca por décimo
SOCIEDADE
Dos 6.000 euros dos quintos aos 400.000 do gordo. E a pedrea? Comproba aquí se o teu décimo está premiado
22 dic 2024 . Actualizado á 13:33 h.Choiva de millóns ou día da saúde. Iso é o 22 de decembro co Sorteo Extraordinario da Lotería de Nadal. Cales son os grandes premios do 2024 e canto tocou ao décimo?
Resumímoscho e lembra que podes comprobar o teu número no noso buscador. Hai moitas pedreas!
El Gordo: 72480
O primeiro premio do sorteo está dotado con 400.000 euros ao décimo (20.000 euros por cada euro xogado).
Segundo premio: 40014
125.000 euros ao décimo, 6.250 por euro xogado.
Terceiro premio: 11840
50.000 euros ao décimo, 2.500 euros por euro xogado.
Cuartos premios: 48020 e 77768
Cada un destes números teñen de premio 20.000 euros ao décimo, 1.000 euros por euro xogado. Neste caso, este premio xa non tributa a Facenda (o límite son 40.000)
Quintos premios: 37876, 45456, 72853, 74778, 45225, 97345, 75143, 60622
No caso dos quintos premios, que son oito en total, os agraciados cobrarán 6.000 euros por décimo ou 300 euros por euro xogado.
E se me toca a pedrea?
Se tes unha pedrea, entón tocáronche 100 euros por décimo, é dicir, cinco euros por cada euro xogado.