A Xunta pide ao Gobierno central adaptar o seu programa de infraestruturas dixitais ás necesidades de Galicia

La Voz REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDADE

Miguel Corgos, conselleiro de Facenda
Miguel Corgos, conselleiro de Facenda PACO RODRÍGUEZ

O conselleiro de Facenda expuxeron o seu rexeitamento aos novos criterios propostos polo Executivo para a repartición e xestión de fondos

18 may 2024 . Actualizado á 16:11 h.

A Xunta mostrou a súa desconformidade co deseño do programa de universalizacion de infraestruturas dixitais (ÚNICO), ao entender que non atende as «necesidades» de Galicia, á vez que pediu ampliar o prazo «e adaptarse ás actuacións para executar adecuadamente os proxectos para a mellora da conectividade».

Tras a reunión da Conferencia sectorial celebrada o pasado xoves, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e o director da Axencia para a Modernización de Galicia (Amtega), Julián Cerviño, manifestaron o seu rexeitamento aos novos criterios propostos polo Executivo para a repartición e xestión de fondos «sen que se tomen medidas que melloren a súa xestión».

«O programa ÚNICO, fixado unilateralmente polo Goberno do Estado, transferiu á comunidade autónomá máis de 19 millóns de euros para desenvolver catro liñas de actuación que foron definidas polo Goberno, sen ter en conta as características e necesidade da comunidade», indican desde a Xunta. «Galicia alertou ao inicio do programa dos obstáculos que esto suporía na execución de fondos e consecución dos obxectivos fixados», engaden.