As tenras dedicatorias de Sergio Ramos e Pilar Rubio no seu primeiro aniversario de voda

Martín Bastos

SOCIEDADE

Julio Muñoz | EFE

A parella espera o seu cuarto fillo para deica pouco

16 jun 2020 . Actualizado ás 08:26 h.

Aínda que co confinamento e a crise do coronavirus perdemos un pouco a noción do tempo, resulta que onte fixo un ano da voda entre Sergio Ramos e Pilar Rubio . Lembrarán as tremendas medidas de seguridade, as súas excentricidades e ata que voo en dragón na leira do futbolista convertida case nun parque de atraccións. Pois pouco se imaxinaba a parella que o seu primeiro aniversario de voda pillaríalles así, co futbolista de volta á competición tras o parón ligueiro e a presentadora na recta final do seu cuarto embarazo. Iso si, a pesar de todo, non dubidaron en dedicarse unhas cariñosas palabras a través das redes sociais. «Describir unha emoción en palabras non é doado, pero vivila ao teu lado todos os días é o mellor que me regalou a vida. Hai un ano dixémonos que si, pero o noso compromiso forxouse o día que nos coñecemos. Porque non hai un eu sen ti, nin un nós sen eles, Sergio, Marco, Alejandro... Grazas por ser e por darme o mellor. Feliz aniversario, o meu amor», publicaba o futbolista xunto a unha imaxe da súa voda.

Pola súa banda Rubio escribía: «Hoxe hai un ano deste día máxico que quixemos celebrar con todos os nosos seres queridos. Porque cada momento que compartimos está marcado polo amor que respiramos e cada día é máis intenso. Grazas a miña vida \sergioramos por facerme a muller máis feliz do mundo, polo teu cariño infinito e por esta familia que temos, Sergio, Marco, Álex. “Si, quero” estar sempre ao teu lado».

Lucindo barriga

A felicidade de Ona Carbonell. A nadadora olímpica colgaba unha fotografía súa nas redes sociais na praia onde se lle ve o seu avanzado embarazo. Cunha gran pamela para protexerse do sol e un bikini negro, Ona Carbonell afronta feliz as últimas semanas antes do nacemento do seu primeiro fillo, polo que fixo un parón temporal da competición.