
Interpretou o personaxe de Arroz Hacker no programa «Xabarín Club» e participou na serie «Pratos combinados»
22 abr 2020 . Actualizado á 20:17 h.O actor e músico galego Esteban Yáñez (Ferrol, 1984) faleceu aos 35 anos de idade como consecuencia do coronavirus. Na súa infancia Yáñez foi coñecido polas súas aparicións en Televisión de Galicia na serie Pratos combinados e polo personaxe de Arroz Hacker que interpretaba no programa Xabarín Club.
O propio actor comunicara no seu último chío, publicado o 13 de abril, que contraera o coronavirus. Segundo relataba el mesmo a través da súa conta de Twitter (@Snob), na que era moi activo, estaba enfermo desde hai anos á marxe da doenza que contraída actualmente.
Numerosas persoas e entidades transmitiron a súa condolencias a través das redes sociais, entre eles o Festival de Cans e o xornalista e codirector de Luzes, Xosé Manuel Pereiro, quen informa de que Yáñez formaba parte do comité de redacción, como recolle Europa Press.
Esteban Yáñez comezou a súa carreira no audiovisual en 1997 como protagonista dun anuncio para o Xabarín Club. Co personaxe de Arroz Hacker foi presentador deste espazo e pasou a ser coñecido por toda unha xeración de nenos e adolescentes en Galicia, xa que falaba de temas como cómics e series de animación.