Ourense acada os 21 falecidos por coronavirus tras morrer dous octoxenarios no CHUO

La Voz OURENSE

SOCIEDADE

Santi M. Amil

O total de casos na provincia ascende a 590, con 16 persoas na uci

01 abr 2020 . Actualizado ás 20:49 h.

A cifra de ourensáns falecidos polo coronavirus non deixa de crecer nos últimos días. Segundo os datos actualizados polo Sergas, na provincia de Ourense un total de 21 persoas faleceron tras ser infectados polo COVID-19. Os tres últimos dos que tivo coñecemento foi de dous octoxenarios —unha muller de 85 anos e un home de 88, ambos con patoloxías previas— e un paciente de 58, tamén con enfermidades de base. Todos estaban ingresados no CHUO.

. De acordo cos datos actualizados pola Consellería de Sanidade este mediodía, na provincia de Ourense hai 590 casos, polos 545 do día anterior. É dicir, 45 máis. O total de casos rexistrados ascende a 590, con 13 altas e 18 falecidos. Hai un total de 428 persoas que permanecen a seguimento nos seus domicilios e 113 ingresados dos que 16 están na unidade de coidados intensivos, todos eles de prognóstico grave. O CHUO é o que acapara a maioría de casos, con 100 en planta e 15 en uci. Hai sete máis no hospital de Verín e dez no de Valdeorras. Cosaga, o centro privado da capital, ten un paciente na uci. 

As residencias de maiores continúan sendo o principal foco de contaxio na provincia de Ourense. Dos 18 mortos contabilizados ata agora, cinco estaban en centros de maiores.Dous na da nosa Señora da Esperanza en Ourense, uuna en Castro Caldelas e outra en Divino Mestre (Ourense) e San Carlos de Celanova. A que acumula maior contagios segue sendo a de Celanova, con 44 casos entre residentes. É o terceiro foco por número de infectados máis importante de toda Galicia e desde o centro confirmaban un segundo falecemento dun residente que se atopaba no centro dos Milagros. No aspecto positivo apuntaban á alta que recibía un dos primeiros pacientes ingresados. Entre os traballadores tamén se detectaron casos na provincia, os últimos en notificarse foron tres empregados da residencia de Castro Caldelas.