A espectacular confirmación da princesa Ingrid Alexandra de Noruega

Martín Bastos

SOCIEDADE

Ao acto, retransmitido por dúas televisións en directo no país, asistiu o rei Felipe

01 sep 2019 . Actualizado á 08:58 h.

Noruega viviu con moitísima expectación a confirmación da princesa Ingrid Alexandra, de 15 anos. O que podería parecer un acto de carácter privado, é unha data moi importante para a familia real e boa proba diso é que se retransmitiu en directo por varias canles de televisión. A cerimonia chega ademais tras uns meses moi convulsos para a monarquía norueguesa, tras a polémica que rodeou á súa tía e madriña, Martha Luisa, polo uso mercantil que lle daba ao seu título de princesa (que deixou de usar) e a súa controvertida relación co gurú Durek Verret.

Unha das incógnitas de feito era se irmá do príncipe Hakoon acudiría ou non á cerimonia, algo que finalmente si ocorreu, aínda que acudiu soa sen o seu noivo. Será que a súa relación non está tan ben vista entre a súa familia como fixeron crer ao principio? Tamén o fixo o seu exmarido e pai dos seus tres fillos, Ari Ben, que é un dos seis padriños do mozo, do mesmo xeito que o rei Felipe. O monarca non quixo perderse un día tan especial para unha das doce afilladas que ten e posou con ela onda as súas outros padriños, entre os que tamén están o rei Harald, a princesa Victoria de Suecia e a súa avoa materna, Marit Tjessem.

Lise Aaserud | EFE

Ingrid Alexandra luciu un espectacular bunad, o traxe tradicional noruegués, que foi un agasallo da súa avoa a raíña Sonia. As dúas participaron xuntas no seu deseño.

Tolemia viral

Un suxeitador de luxo, esgotado nunha hora. Os actores Jamie Foxx e Katie Holmes tardaron case seis anos en facer a súa primeira aparición pública, o que confirmaba o seu noivado (un segredo a voces), pero tras tanto misterio, o amor ao parecer duroulles pouco. Unha das primeira aparicións públicas da actriz tras a súa ruptura destapou a tolemia entre os seus fans. O motivo? O suxeitador de luxo que lucía a xogo cun cárdigan de cachemira da marca Khaité. O prezo do sostén é duns 500 euros e e da chaqueta supera os 1.500. Aínda así, a peza esgotouse nunha hora.

Unha galega en VENECIA

Alexandra Pereira, invitada o Festival de Cine. A famosa influencer galega, coñecida como Lovely Pepa que protagonizou unha espectacular voda este verán, acudiu como invitada o Festival de Cine de Venecia da man da firma Armani. Onda o seu marido, Ghassan, luciu un espectacular vestido en tons azuis co que estreou ademais o seu novo corte de pelo, estilo bob, co que dixo adeus á súa longa melena.

Feliz Aniversario!

Os 70 veráns de Richard Gere. Se viches hai pouco unha das enésimas reposicións de Pretty Woman se cadra cústache crer que o actor cumpre 70 anos, pero aí están. Seguro celebrarao ao grande onda a súa muller, a galega Alejandra Silva e o seu pequeno Alexander

22 anos sen Lady Di

Triste aniversario. O mes de agosto de ano 1997 rematou cunha noticia que conmocionou ao mundo: a morte de Diana de Gales. O accidente que sufriu en París estivo rodeado de misterios que, aínda hoxe, seguen alimentando numerosas teorías da conspiración.