«Scooby doo pa pa», o novo reto viral que non poderás parar de bailar

A.I.

SOCIEDADE

A canción dedicada ao can dos debuxos animados converteuse no baile do momento

16 feb 2018 . Actualizado ás 18:26 h.

Scooby doo pa pa é o novo baile viral que está a arrasar en redes sociais. A canción, de DJ Kass, publicouse en setembro, pero non foi ata agora cando se converteu no tema de moda, ou máis en concreto, no baile do momento. Basta con entrar en Instagram, Twitter ou Youtube para ver a revolución que xerou.

O pegañento ritmo logrou a fama da man da venezolana Lele Pons, quen causou sensación co seu baile en Instagram, grazas aos seus máis de 22 millóns de seguidores.

En parte, as culpables do furor que xerou esta canción son as celebrities, que tamén quixeron sumarse a esta nova moda ofrecendo a súa versión particular do baile. Outros dos que se sumaron a este #scoobydoopapachallenge son os futbolistas de Udinense. 

O novo reto viral voou por toda América latina e a canción dedicada ao personaxe de debuxos animados chegou ata a policía de peruana, que chegou a utilizar o tema nunha campaña contra os malos tratos animais. O vídeo xa sumou máis de cinco millóns e medio de reproducións. 

O creador da canción, DJ Kass, recoñeceu que a canción nace tras non entender a letra doutra canción chamada Mans not hot, de Michael Dapaah,