Abdalá II de Xordania se sincera

redacción / a voz

SOCIEDADE

A revista «Hoxe Corazón» entrégase con La Voz por só 0,30 euros

11 may 2012 . Actualizado á 07:00 h.

Abdalá II de Xordania conseguiu o amor da súa esposa, Rania, grazas á insistencia, unha caixa de bombones belgas e unha cea xaponesa feita por el. E no ano 2000, Al Qaida estivo a piques de atentar contra toda a familia real durante as súas vacacións en Grecia.

Estas dúas das moitas confesións do monarca xordano na súa autobiografía A nosa última oportunidade, da que se fai eco a revista Hoxe Corazón. A publicación pódese adquirir mañá con La Voz de Galicia polo prezo de 0,30 euros ademais do custo do xornal.

Nas páxinas da revista cóntanse outras moitas cousas de Abdalá, como a súa infancia algo solitaria, unha viaxe surrealista a Corea do Norte ou a súa relación coa segunda esposa do seu pai, a raíña Noor.

Pero non é esta a única historia que conta a revista, cuxa portada a ocupa a barón Thyssen, quen recibiu en Sant Feliu de Guíxols ao pai biolóxico de Borja, Manolo Segura, quen, ao parecer, intenta mediar entre nai e fillo. Tamén saen as mulleres dos futbolistas Mikel Arteta e Kaká, Lorena Bernal e Caroline Celico, respectivamente, así como Helen Lindes e Rudy Fernández.