Vota e opina: Que prefires como segundo festivo local en Santiago: San Xoán, Entroido ou San Roque?
REDACCIÓN
VIVIR SANTIAGO

Ante a proximidade da noite máis curta do ano, rexorde en Compostela a pregunta de se o 24 de xuño debería ser non laborable
17 jun 2025 . Actualizado á 11:15 h.A escasos seis días para que as cacharelas ardan por todo Santiago durante a celebración do San Xoán, nunha das festas que máis xente concentra nas rúas de Compostela, unha pregunta volve estar sobre a mesa. Debería ser festivo o 24 de xuño?
As opinións diverxen entre os que, máis aló do xoves da Ascensión, prefiren que o segundo festivo local sexa o martes de Entroido e quen opta polo San Xoán ou o 16 de agosto, día de San Roque -patrón de Santiago-, que este ano cae en sábado.