
O centro social encheuse para recoñecer ao docente compostelán con motivo da súa xubilación
03 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.O profesor Pepe Viaño deixa as aulas tras unha vida dedicada ao ensino. Pero faio co cariño dos seus compañeiros na súa longa traxectoria docente e de quen recibiu o seu maxisterio. Os aplausos fixéronse notar no centro social de Vedra, na homenaxe que lle tributaron a quen durante case un cuarto de século foi director do colexio vedrés. Xunto á súa familia (entre eles, o exrector da Universidade de Santiago Juan Viaño), os alcaldes de Vedra, Carlos Martínez, e Boqueixón, Ovidio Rodeiro, apoiaron o público recoñecemento.
Nos parlamentos, destacaron o seu carácter innovador, afable e entregado. Foi un bo profesor de Xeografía e Historia, que fomentaba a curiosidade entre uns alumnos aos que trataba como aos seus propios fillos, un excelente compañeiro e un magnífico director, tamén moi querido polas familias. O persoal non docente agradeceulle o trato afectuoso e respectuoso que lle brindou.