
A programación incluirá un concurso, ademais de demostracións e conferencias
19 sep 2025 . Actualizado á 04:55 h.Bembibre (Val do Dubra) acollerá os días 11 e 12 de outubro a 15.ª edición do Congreso Galego de Bonsái no pavillón municipal con entrada gratuíta para o público. A programación incluirá demostracións en directo, conferencias especializadas e un concurso de bonsáis, con premios en diferentes categorías. A inscrición está aberta. Segundo anunciaron na presentación, haberá exemplares a nivel nacional e de Portugal.