O contador piscícola de Ou Xirimbao rexistrou 1.950 peixes en cinco meses

La Voz SANTIAGO

TEO

CEDIDA

A Xunta investiu preto de cincocentos mil euros en varias intervencións

12 oct 2025 . Actualizado á 05:05 h.

Un dispositivo automático instalado hai cinco meses no río Ulla, concretamente na presa de Ou Xirimbao, no municipio de Teo, para contabilizar as especies que habitan nel, rexistrou o paso de 1.950 exemplares, na súa maioría escalos (894). O rexistro realízase en ambos os sentidos, combinando un sistema de escaneo e vídeo, o que o converte nun modelo único na península ibérica.

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, visitaron este sábado a zona na que está instalado o contador, e na que a Xunta investiu medio millón de euros en varias intervencións para revalorizar un enclave, limítrofe entre Teo e A Estrada, de gran valor natural e cuxo ponte colgante atrae a miles de turistas ao ano, xa que é a estrutura destas características máis longa de Galicia.