Dez empresas presentan oferta para executar o tramo ata Ou Rolo da AG-59

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

TEO

29 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Xunta acaba de pechar o prazo para presentar ofertas e foron unha decena as empresas que optarán ao contrato para acometer o último tramo pendente de adxudicar da AG-59. En concreto o que discorre desde Pontevea, en Teo, ata Ou Rolo, na Estrada. O investimento previsto polo Goberno galego para esta infraestrutura viaria sitúase nos 33 millóns de euros.

Este tramo ten unha lonxitude de catro quilómetros e discorre paralelo á AC-841, mentres na parte final haberá unha ligazón, mediante a construción dunha glorieta a nivel sobre ese vial autonómico. O proxecto inclúe a construción de nove novas estruturas, como un viaduto sobre o río Ulla e outro sobre o Vexa, así como catro pasos inferiores, un superior e dous muros.

Na actualidade está a se executar o tramo que prolonga a AG-59 desde A Ramallosa ata Pontevea, de 3,5 quilómetros e cun desembolso económico de 36,5 millóns de euros. Está prevista a conclusión das obras a finais de ano. Inclúe un viaduto de 150 metros de lonxitude.