Roberto Vilar e Romero Masiá serán fillos adoptivos de Teo

La Voz SANTIAGO

TEO

cedida

O pleno debaterá a proposta, que inclúe unha homenaxe a Teenses pola Igualdade

25 abr 2025 . Actualizado á 05:05 h.

O Concello de Teo proporá o nomeamento do actor Roberto Vilar e do artista Rafael Romero Masiá como fillos adoptivos do municipio, ademais dunha mención honorífica a Teenses pola Igualdade.

A alcaldesa, Lucía Calvo, que se reuniu onte con Roberto Vilar, Rafael Romero Masiá e Zora Leis para comunicarlles a proposta de recoñecementos que debaterá o pleno da próxima semana, destacou o seu labor en favor da cultura, a arte e a aposta pola igualdade de oportunidades.