
O incidente produciuse durante o último pleno ordinario na quenda de rogos e preguntas
29 mar 2025 . Actualizado á 19:57 h.A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz (PP), fíxolle un «peite» a María López, edila de PXCT, durante a quenda de rogos e preguntas do último pleno. O xesto, polo que pediu desculpas, produciuse durante un intercambio dialéctico sobre a comida organizada polo Partido Popular, cuestionada por López. O BNG expresou mediante un comunicado a súa condena por un xesto que considera «obsceno» e «unha mostra de comportamento impropia dun cargo público». Este partido esixe a Lucía Calvo que pida desculpas e manifeste o seu compromiso por evitar este tipo de situacións. A rexedora sinala que xa solicitou desculpas durante a sesión.