Sisto promete que o aparcadoiro de Teo para coches abandonados non estará en Lucín

La Voz SANTIAGO

TEO

CEDIDA

O Concello estudará as propostas veciñais para a humanización do espazo

24 feb 2023 . Actualizado ás 05:05 h.

O alcalde de Teo , Rafael Sisto, e a concelleira María López reuníronse onte con veciños de Lucín tras as protestas expostas por habitantes deste núcleo ante a posibilidade de que o Concello instalase un aparcadoiro provisional de vehículos abandonados xunto á Casa Común.

Sisto comprometeuse a que o aparcadoiro non se situará en Lucín e ao «estudar a humanización do mesmo, atendendo ás necesidades da poboación da parroquia». Concello recoñece a necesidade de dispor deste espazo para custodiar os vehículos antes de que se consideren residuos.