Mexillóns para todos os gustos na Praza de Abastos

La Voz

SANTIAGO CIDADE

PACO RODRÍGUEZ

O chef Miguel Mosteiro serviunos en distintas preparacións nunha degustación organizada no mercado por Mexillón de Galicia

13 novs 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Os clientes e visitantes da Praza de Abastos tiveron oportunidade de degustar este sábado uno dos manxares máis suculentos que producen as nosas rías. A campaña de promoción organizada pola DOP (Denominación de Orixe Protexida) Mexillón de Galicia fixo parada no mercado compostelán para achegar ao consumidor as virtudes dun produto que se vende só. Ademais, puideron gozar das distintas formas de preparalo grazas ao bo facer do cociñeiro Miguel Mosteiro. Un plan redondo.