O Concello de Santa Comba reclama á Xunta servizo dautobús directo con Santiago e A Coruña, ademais de con Carballo e Negreira. Sosteñen no goberno local que son os núcleos «cos que a veciñanza está relacionada por motivos laborais, sanitarios, educativos e sociais, e que mellorarían a mobilidade dunha porcentaxe moi elevada da nosa poboación». Pero lamentan que a Dirección Xeral de Mobilidade non os considera servizos «viables». Fronte ao argumento de que non se están utilizando as liñas existentes, desde o Concello esgrimen que «son tan reducidas que non dan solución ás demandas», por iso solicitan por cuarta vez unha reunión. «Queremos unha xuntanza que analice en profundidade as posibles vías de entendemento para dar solución a esta problemática que estamos a arrastrar desde fai moitos anos», apunta o alcalde, Alberto Romar.