Este mes iníciase a reposición do firme na vía autonómica da comarca de Xallas

La Voz SANTIAGO / LA VOZ

SANTA COMBA

14 jul 2025 . Actualizado á 05:05 h.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas acometerá en breve o inicio das obras de reposición do firme na estrada autonómica AC-441, ao seu paso polos concellos de Santa Comba e Mazaricos, cun investimento que supera os 214.000 euros.

Esta actuación enmárcase nun contrato máis amplo, que abarca un total de catro estradas autonómicas con trazado polos municipios de Vimianzo, Camariñas, Zas, Dumbría, Malpica de Bergantiños e Ponteceso, cun investimento de case tres millóns de euros. O prazo de execución é de catro meses, con inicio a finais deste mes.