Foco programa media ducia de proxeccións en Padrón

La Voz

PADRÓN

ANA CONDE

A mostra de cinema galego inclúe unha exposición dedicada a José Gil

14 oct 2026 . Actualizado a las 04:55 h.

Padrón acollerá a segunda edición da Mostra de Cinema Galego Foco desde hoxe ata o domingo, con media ducia de proxeccións de acceso libre. Hoxe é a quenda de «As liñas discontínuas» (20 horas, Auditorio de Padrón). Mañá, ás 19 horas, toma o relevo «San Simón», de Miguel Ángel Delgado. O venres, no Auditorio de Cortizo, poderase ver o documental «José Gil, fotógrafo e pioneiro» (19 horas) e «Voda en Padrón, 1929». O sábado será a quenda de «Basal», de Ugía Pedreira, e unha actuación de Factoría de Subsistencia. Nesta xornada tamén premiarán a Manolo González. O domingo chegará a música de St. James Dixie Band e a sección DaCasa. Tamén pode verse unha mostra dedicada a José Gil.