Arranca o Santiaguiño en Padrón co festival Ultreia

PADRÓN

CEDIDA

Mañá o programa musical arranca ás cinco da tarde, coa proposta de cultura urbana O son do Sar

18 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe e mañá • Tarde e noite • Acceso gratuíto • O programa musical das festas do Santiaguiño de Padrón arranca esta noite co festival Ultreia, organizado polo Concello e que o considera «único» porque mestura os ritmos máis diversos para chegar a todo tipo de públicos. Así, en Padrón hoxe e mañá poderanse escoitar sons tradicionais e electrónicos; rock duro e pachanga e versións de clásicos e música urbana, entre outros estilos. A cita de hoxe arranca ás nove no Paseo do Espolón coa música tradicional de Xurxo Fernandes para, a continuación, soar a mestizaxe musical de Sonoro Maxín. Ás doce da noite é a quenda do grupo local Five Star Service, antes de que á unha da madrugada comecen as actuacións do Open Air, festival que este ano se íntegra no formato do Ultreia. A esa hora actuará o pinchadiscos Matrek, seguido de Iván Mata. Mañá o programa musical arranca ás cinco da tarde, coa proposta de cultura urbana O son do Sar, con rap, regueifas ou freestyle. Ás dez da noite haberá un pasarrúas con Mekanika Rolling Band e ás once e media comezarán as actuacións da segunda xornada do Open Air. Mañá estarán en Padrón, por esta orde: La Buena vida; Pradda&Faraón; e os pinchadiscos Pitty e MRJ. Tódalas actuación son no Paseo do Espolón, no que hai carpa por se chove. Por outra banda, a aldea da Casa do Porto, no concello de Rois, acolle hoxe e mañá unha nova edición do festival Música N’aldea. Hoxe, ás oito, é o turno de Hugo Franco, Marc Xarau, Sempasúchil e Lideira. Mañá estarán Yas, Kreze, Elizabeth Davidson-Blythe, Daniel Qualey, A vociferante da Baiuca e as Pandereteiras de Buxán.