Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

A escritora lucense María Reimóndez acada a primeira residencia literaria que convoca a Fundación Rosalía en intercambio con Inglaterra

Uxía López Rodríguez
Uxía López PADRÓN

PADRÓN

Pablo Vazquez

Grazas a esta bolsa, a autora estará en Hereford do 10 ao 23 de agosto traballando no seu proxecto creativo

19 jun 2025 . Actualizado a las 16:57 h.

A escritora luguesa María Reimóndez vén de acadar a primeira residencia literaria que convoca a Fundación Rosalía de Castro en intercambio con Inglaterra. O xurado da Residencia Rosalía / Traherne, formado polos escritores Chus Pato, María López Sández e Manuel L. Baleirón, escolleu nunha xuntanza esta mañá o proxecto de María Reimóndez para que sexa desenvolvido na primeira residencia literaria que organiza a Fundación Rosalía de Castro en intercambio con Inglaterra.

A comisión avaliadora que escolleu a proposta presentada por Reimóndez valorou o peso dunha traxectoria consolidada e un proxecto literario sólido, concreto e maduro». A escritora luguesa ten unha extensa e prolífica obra, sobre todo en narrativa, tanto para adultos coma para cativos, pero tamén en poesía e ensaio. Acadou tamén varios premios literarios como o Xerais de novela, o Xohana torres de Ensaio, ou o Jules Verne de literatura infantil.

Ademais, María Reimóndez é tradutora e intérprete profesional, e publicou unha longa listaxe de traducións ao galego do inglés e do alemán, fundamentalmente. A escritora luguesa estará en Hereford (Inglaterra) do 10 ao 23 de agosto grazas a esta bolsa da Fundación Rosalía de Castro. A entidade de Padrón vén de poñer en marcha por vez primeira unha residencia para escritores en galego en colaboración coa autora británica Fiona Sampson e a Lower Brinsop Writers House, en Hereford (Inglaterra) arredor do poeta metafísico inglés Thomas Traherne e Rosalía de Castro.

Os obxectivos deste intercambio literario son a promoción da produción literaria galega e a proxección internacional da figura de Rosalía de Castro e da cultura galega en xeral, ademais do intercambio cultural arredor das figuras da escritora de Padrón e de Thomas Traherne, destacado poeta metafísico inglés do século XVII. A través desta proposta, o/a escritora seleccionada poderá dispor dun espazo axeitado para o cultivo da imaxinación, o pensamento e a creación literaria, así como do intercambio cultural.

Presentáronse once escritores e escritoras. A elixida pasará dúas semanas en Hereford, na Lower Brinsop Writers House, que está a media hora de Hay-on-Wye, onde se celebra o famoso Hay Festival, xusto na fronteira con Gales. Alí, do 10 ao 23 de agosto, traballará no proxecto literario presentado.