O Asador Ou'Pazo de Padrón, distinguido como segundo mellor novo restaurante de Europa
PADRÓN

O negocio capitaneado polos irmáns Manuel e Óscar Vidal está no alto da lista elaborada pola prestixiosa guía gastronómica Opinionated About Dining
08 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Asador Ou'Pazo, incluído no grupo Hotel Scala de Padrón, foi recoñecido como o segundo mellor novo restaurante de Europa pola prestixiosa guía gastronómica Opinionated About Dining (OAD). Situado no lugar de Ou Pazo, este asador capitaneado polos irmáns Manuel e Óscar Vidal, distínguese por ter a brasa como protagonista, xunto cunha coidada elección da materia prima, desde os mellores peixes e mariscos das nosas rías ata carnes seleccionadas procedentes de diferentes puntos de Galicia e produtos da horta padronesa.
A finais do 2022 conseguían con esta receita a estrela Michelin. E a menos de dous quilómetros de alí está o Pazo Arretén, en mans da familia Vidal desde finais dos 90, para o que tamén deseñaron Óscar e o seu equipo tanto o almorzo como o night brunch que alí ofrecen.