Padrón organiza actividades no mes de xuño ao redor do Día do Orgullo

La Voz SANTIAGO

PADRÓN

A. CAMBA

A programación prolóngase todo o mes, co 28 como día grande, para promover a diversidade e a igualdade

31 may 2024 . Actualizado á 05:05 h.

Padrón con orgullo é o nome da programación que desenvolverá en xuño o Concello ao redor do Día do Orgullo LGTBIQ+, para promover a diversidade e a igualdade. Iniciarase o 4 de xuño cun taller sobre diversidade e avances lexislativos no centro social, con Ás Coruña.

O 14 ás 20 horas o auditorio acollerá a proxección de 20.000 especies de abellas, e posterior coloquio. O Día do Orgullo, o 28 de xuño, ás 17 horas no Campo do Souto haberá inchables e festa da espuma para os pequenos, e ás 22 horas The Tetas'Van actuarán na rúa Tetuán tras a lectura do manifesto que reafirmará o compromiso do Concello coa igualdade e os dereitos LGTBIQ+. A hostalería terá manteis gratuítos da campaña, con exposición de referentes destes colectivos na Praza dá Igualdade durante todo o mes.