Aparecen restos da igrexa gótica do convento de Herbón, en Padrón

La Voz PADRÓN / LA VOZ

PADRÓN

CEDIDA POR TURISMO DE GALICIA

As obras de restauración do claustro propiciaron o achado

04 mares 2021 . Actualizado ás 16:53 h.

As escavacións realizadas no marco da obra de restauración do claustro do convento de Herbón, en Padrón , deixaron ao descuberto restos da antiga igrexa gótica do mosteiro. Patrimonio considera que pode ser o limiar da antiga porta principal dunha igrexa anterior e valorará unha posible colocación de reixas ou ventás sobre a mesma, segundo informa o convento.