O detido por acoitelar a un veciño de Ordes foi arrestado por narcotráfico hai un ano
ORDES
Fontes hospitalarias sinalan que o ferido se mantén en prognóstico reservado
16 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.Prognóstico reservado. Ese o estado no que se atopa o veciño de Ordes que acabou cunhas tesoiras cravadas no pescozo nunha pelexa a noite do martes na avenida Alfonso Senra, así como cunha coitelada no tronco. Fontes da investigación sinalaron que o suposto agresor, detido pouco despois polas forzas da orde, xa o fora fai preto dun ano na operación Capillo, dirixida polo Equipo ROCA da Garda Civil de Santiago e coa participación do posto de Ordes e da Policía Local. Nela, desarticulárase un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas no municipio que distribuía os estupefacientes en patinetes eléctricos, e saldouse entón con catro detidos e dous investigados. Aquela investigación incluíu tarefas de observación na contorna onde se produciu a liorta o martes, un punto quente na venda de estupefacientes en Ordes.
O suceso do martes xerou preocupación en Ordes, con veciños que alertan do menudeo de drogas na localidade, a pesar de as operacións desenvolvidas polos corpos de seguridade, como a referida Capillo e tamén a operación Mixturas, que desmantelou en Beán un dos maiores puntos de distribución de drogas sintéticas na provincia da Coruña.