A saída e a chegada estarán situadas na praza de Forcarei de Arca
03 sep 2025 . Actualizado á 19:05 h.O Concello do Pino organiza a vixésima edición da carreira pedestre popular que se vai a celebrar o 21 de setembro cun percorrido de oito quilómetros para a categoría absoluta e uns 340 metros para os menores de seis anos. A primeira saída será ás 10 da mañá desde a praza de Forcarei (Arca), onde tamén se atopa a meta.
Os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán trofeos. Haberá medallas para os tyres primeiros na carreira de nenos e nenas das categorías escolares. A proba estará organizada polo Concello do Pino baixo a supervisión técnica da Federación Galega de Atletismo. Esta proba pertence ao undécimo circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña.
Atletas federados e non federados poderán participar na popular e haberá unha única clasificación conxunta. O control estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación.
Inscricións
A inscrición debe realizarse na páxina web carreirasgalegas.com antes das 23.59 horas do mércores 17 de setembro. A inscrición será gratuíta para as categorías escolares (de sub-6 a sub-18). Mentres, anotarse nas categorías de adultos, de sub-20 a máster, terá un custo de cinco euros. Os dorsais poderanse recoller na secretaría técnica situada na praza Forcarei ata 30 minutos antes da saída.
A ??saída da categoría absoluta (maiores de 18 anos) será ás 10.00. As seguintes realizaranse de forma consecutiva ata as 12.10 horas, momento no que comezarán a correr os participantes menores de seis anos.
Clasificacións
O Concello entregará trofeos nas diferentes categorías, excepto na sub-6. Nesta última non haberá clasificación nin premios. Tamén se entregará un trofeo ao primeiro e segundo atleta local do Pino nas categorías escolares (de sub-8 a sub-18), entre outros premios. Os trofeos non serán acumulables, salvo os correspondentes aos atletas locais. Haberá medallas para todos os participantes escolares de sub-6 a sub-12.