Monicreques no Pino

M.M. SANTIAGO / LA VOZ

O PINO

cedida

A programación de actividades culturais e lúdicas de verán conquista ao público infantil e adulto

16 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Monicreques no Pino

Dentro da programación de actividades culturais e lúdicas de verán celebradas no municipio do Pino, a praza do Concello acolleu o espectáculo de monicreques De Vilatriste a Vilalegre, a cargo do grupo de teatro Ou Cubo. A proposta, chea de humor e creatividade, conquistou tanto ao público infantil como aos adultos, que asistiron ao pase e aplaudiron con entusiasmo. A historia, que estivo acompañada de música, fixo reflexionar e sorrir a partes iguais aos asistentes ao teatro de monicreques.