Negreira, Calo, Touro e Concello de Boiro pelexan este sábado na Escravitude por dous títulos

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO LA VOZ / SANTIAGO

NEGREIRA

CARMELA QUEIJEIRO

A final masculina da Copa do Sar comezará ás seis da tarde e a feminina será ás doce do mediodía

16 may 2025 . Actualizado a las 20:52 h.

O novo campo do Doce da Escravitude vestirase de gala para as finais masculinas e femininas do torneo de fútbol da Copa do Sar no Día das Letras Galegas. Touro e Concello de Boiro serán os primeiros atractivos da celebración futbolística deste sábado. O telón abrirase ao mediodía coa final feminina. A entrada será gratuíta. En semifinais, o Touro impúxose ao Noia por 0-2, con goles de Zaira Fernández e Rocío Sanín. En cuartos de final, o Touro goleou ao Resmón (0-12) e en oitavos de final desfíxose do Nicrariense (0-7), nunha perfecta Copa do Sar na que non encaixou nin un só gol. O Concello de Boiro evitou que o Calo estivese dúas veces nestas finais ao vencer por 3-0 no Rebordelo.

A final masculina

Mentres, a final masculina será entre o Negreira e o Calo. Comezará ás seis da tarde. As entradas para a segunda final custarán 5 euros. Os menores de 14 anos entrarán gratis.

O Negreira eliminou nas semifinais ao Tordoia (0-1) e o Calo desfíxose na ronda anterior do Cidade de Ribeira (3-2).