17 oct 2026 . Actualizado á 19:41 h.
Xesús Manuel Mosteiro López é un de comerciantes de Melide que admitirán os bonos da Deputación. «Hai clientes que o demandan; tes que ofrecelo», afirma o xerente de Mosteiro, un céntrico comercio de roupa de home e muller, con exclusividade en primeiras marcas. Defensor dunha clientela «fiel», da tradición comercial de Melide —o seu negocio familiar suma 64 anos na súa localización actual— e da «riqueza» que lle achega ao sector abrir os domingos, cree tamén que a campaña provincial de descontos «pode animar a un público que igual se resiste a mercar polos prezos».