O físico Dosi Veiga impartirá un taller e unha charla informativa aos veciños
17 jun 2026 . Actualizado á 05:05 h.O Concello de Melide deseñou unha campaña informativa con charlas e talleres para que os veciños están ao tanto da eclipse total de sol que poderá observarse o 12 de agosto. O físico Dosi Veiga, coautor con Jorge Mira do documento editado polo Consello da Cultura Galega con recomendacións para unha observación segura dese fenómeno astronómico, será o encargado de ofrecer a charla informativa e de impartir o taller, ambos os programados para próximo día 26.
Ademais, desde o Concello melidaos remitirase aos domicilios un folleto con información diversa sobre a eclipse solar, e consellos para observalo con seguridade e evitar danos na visión.