O PP de Melide urxe rozar para non pór en risco ao peón

La Voz MELIDE / LA VOZ

MELIDE

Denuncian a falta de mantemento das vías públicas

18 jun 2025 . Actualizado á 05:05 h.

O PP de Melide puxo o foco sobre o risco ao que se expoñen os peóns que transitan por beirarrúas que están invadidas «por completo» por maleza, debido á «alarmante falta de mantemento» da vía pública por parte do goberno local (Adiante Melide-BNG). «Chegan os meses de mellor tempo e moitas persoas, especialmente os nosos maiores, queren saír a pasear, pero non poden facelo con seguridade», sosteñen os populares, que urxen ao executivo melidaos medidas para que o tránsito polas beirarrúas sexa seguro, así como un plan de mantemento «eficaz».