Comeza a mellora de 64 paradas de bus interurbano do noroeste de Santiago

La Voz SANTIAGO

BRIÓN

cedida

Haberá melloras en Brión, Ames, Santa Comba e concellos de Fisterra e Terra de Soneira

24 may 2024 . Actualizado á 05:05 h.

A Consellería de Vivenda e Infraestruturas iniciou as obras para o acondicionamento de 64 paradas de autobús en estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas.

Este proxecto, o segundo que a Xunta desenvolve na área compostelá, prevé melloras nos roteiros de acceso a Santiago polo noroeste, o que implica intervencións nos municipios de Ames (9 paradas), Brión (21), Santa Comba (12), Dumbría (4), Camariñas (2), Cee (1), Corcubión (1), Fisterra (7), Vimianzo (2) e Zas (4). As obras comezaron na AC-522, no termo municipal de Dumbría, e continuarán na estrada AC-300, á altura de Cans, en Brión.

O proxecto intervirá en catorce estradas, que terán novas marquesiñas con mellor visibilidade e iluminación. Tamén serán máis accesibles, xa que se van a instalar ramplas, ademais de incorporar información en braille.