Cobre San Rafael supera as 200 entrevistas de traballo para a mina de Touro

La Voz ARZÚA / LA VOZ

ARZÚA

CEDIDA

Destacan que a resposta está a superar as expectativas

11 nov 2025 . Actualizado á 05:05 h.

A empresa de xestión de equipos que traballa para Cobre San Rafael, promotora do proxecto de reactivación da vella mina de Touro-O Pino, realizou máis de 220 entrevistas de traballo, dentro a campaña de selección de persoal posta en marcha pola compaña para a futura explotación mineira. A resposta «está a superar as expectativas», sinala Alba Gil, desde a firma encargada de realizar a selección, que, tras centrarse inicialmente nos perfís vinculados co movemento de terras, enfócase agora na procura de electricistas, mecánicos industriais, caldereros e soldadores. «Observamos como os perfís locais se adaptan e reorientan as súas competencias, permitíndonos cubrir as vacantes necesarias, e optimizar a colocación de profesionais en postos axustados á súa experiencia e motivación», apunta.