O investimento provincial para viais en Arzúa
elévase a 450.000 euros

La Voz ARZÚA / LA VOZ

ARZÚA

CEDIDA

O pleno aprobou a proposta de obras para acollerse ao POS Adicional da Deputación

13 sep 2025 . Actualizado á 17:26 h.

O investimento aprobado polo pleno de Arzúa para acometer reparacións na rede viaria municipal con cargo aos fondos adicionais do plan POS da Deputación da Coruña ascende a un total de 450.621 euros. Aos 318.945 euros consignados para o acondicionamento de oito pistas en Dodro, Castañeda, Burres, Maroxo, Lema e Rendal, e para o pavimento da rúa Piñeiral, súmanse 131.675 euros máis para outras intervencións viarias en San Martiño, Santo Estevo, Santa María e A Mella.