
A campaña, que inclúe premios, desenvolverase do 1 ao 10 de agosto
31 jul 2025 . Actualizado á 05:05 h.A Concellería de Turismo de Arzúa, que xestiona Begoña Balado, deseñou unha campaña de apoio ao comercio local que baixo o lema Presume de Arzúa co teu sorriso busca incentivar as vendas dos establecementos e anima á poboación para compartir as súas interaccións cos comerciantes en redes sociais.
O Concello sinala que o obxectivo final «é dar visibilidade aos establecementos do municipio, incluíndo comercios, locais de restauración, hostalería e servizos». «A acción consiste en compartir unha fotografía tipo selfie en calquera establecemento de Arzúa, utilizando o hashtag #EuPresumoDeArzúa e etiquetando a conta oficial de Arzúa Turismo en Facebook ou Instagram», engade o Concello.
As persoas que participen accederán a sorteos de agasallos. Entre eles destaca unha estancia de dúas noites para seis persoas nunha casa da aldea A Paínza, unha noite para dúas persoas con almorzo e unha hora de Spa no Hotel A Curuxa. Tamén e unha actividade de descenso polo río Ulla en kaiak para catro persoas con Ullaxtreme. A campaña desenvólvese do 1 ao 10 de agosto e o día 11 saberase quen gañou o sorteo.