Ames multiplica actividades para animar a ler nas súas bibliotecas

La Voz SANTIAGO

AMES

A próxima semana chegarán as primeiras citas, e Os Bolechas comprometen visita para abrir outubro

17 sep 2025 . Actualizado á 05:05 h.

O Concello de Ames multiplica actividades para animar a nenos e adultos a ler nas súas bibliotecas municipais. Caxoto abrirá o vindeiro martes a programación do cuadrimestre coa súa proposta de contos e música na biblioteca de Bertamiráns, e o mércores 24 será quenda para Cristina Collazo en Ou Milladoiro coa alquimista, que une contos e teatro. Os días 1 e 2 de outubro volven Os Bolechas a Ames, para presentar o seu novo libro sobre familias acolledoras. Haberá contacontos para nenos de 3 a 8 anos en Bertamiráns os días 14, 15 e 16 de outubro (con inscrición de 6 ao 11) e en Ou Milladoiro o 28, 29 e 30 (inscrición do 20 ao 25 de outubro).

Tamén se realizará o sorteo dun lote de libros da campaña Súperlectores 2025. Outras actividades centraranse no 75 aniversario da morte de Castelao e nun taller de deseño de mochilas, así como en decembro a actividade Un nadal entre contos. O alcalde, Blas García, subliñou a proliferación de librerías en Ames e as vendas que logran cos Bonos Consuma, «e é probable que en parte sexa por todo o traballo que se leva facendo desde as bibliotecas municipais nestes últimos anos para conseguir que a veciñanza se achegue á lectura», expresou.