Paula Castiñeira gaña o premio do Orgullo LGTBIQ+

La Voz

AMES

Paula Castiñeira Olveira

Na segunda edición presentaron traballos catro persoas

28 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Paula Castiñeira Olveira, veciña do Milladoiro, é a gañadora da segunda edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña Ames a quen ames faino con orgullo. Na segunda edición deste concurso participaron catro persoas. O obxectivo do certame, que organizou a Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Ames, é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+. O premio do concurso, no que competiu con Sergio Martínez, Camino Tellado e María Porras, será entregado hoxe durante o acto de conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, que se vai celebrar dende ás 11.00 horas no Paseo da Igualdade, ao carón do pavillón polideportivo do Milladoiro. Darase lectura ao manifesto institucional e haberá actividades para todos os públicos con talleres de pintura de bolsas, obradoiros de pintura de pedras e mural, taller de pulseiras e para elaborar espetadas de lambonadas e música.