Ferido un motorista tras chocar contra un coche en Ames

La Voz SANTIAGO

AMES

GES BRIÓN

O accidente produciuse na AC-453, á altura do colexio de Barouta

23 jun 2025 . Actualizado á 10:56 h.

Un motorista resultou ferido en Ames tras unha colisión contra un turismo na estrada AC-453, que une Santiago con Barro (Noia). O accidente produciuse pouco antes das dez da mañá nun tramo recto desta vía, situado xusto á altura do colexio de Barouta.

O 112 Galicia mobilizou á Policía Local de Ames e ao grupo de emerxencias GES con base en Brión, así como a Urxencias Sanitarias e á agrupación local de Protección Civil.

Tras recibir no mesmo punto as primeiras atencións médicas, o motorista foi trasladado a un centro hospitalario nunha ambulancia do 061.