Docentes do IES do Milladoiro e familias concéntranse «pola convivencia» e din «non á indefensión»

Emma Araújo SANTIAGO / LA VOZ

AMES

MARIA RODRIGUEZ

Ao redor de 150 persoas manifestáronse para esixir unha solución a problemas no instituto que atribúen a un grupo moi reducido de estudantes

18 mares 2024 . Actualizado ás 19:00 h.

Ao redor de 150 persoas, entre docentes do IES do Milladoiro (Ames), persoal do centro, familias e tamén alumnado dos cursos máis altos participaron esta mañá á entrada do instituto nunha concentración para reclamar «unha solución para conseguir recuperar o normal desenvolvemento da actividade educativa, para preservar o dereito do persoal docente e non docente a exercer o seu labor profesional en condicións dignas, así como o dereito de todas as alumnas e alumnos do noso centro a unha educación inclusiva, libre e en paz».

Á concentración acudiron representantes dos sindicatos CIG, CC.OO., STEG e UGT para pór de manifesto «o profundo malestar dunha maioría significativa do profesorado ante diversas anomalías que se veñen producindo dende o inicio do curso, relativas á organización e funcionamento do noso centro». Este descontento agravouse, segundo confirmaron participantes na protesta, pola apertura de expedientes a profesores do IES do Milladoiro «por facer cumprir a normativa de convivencia» ante a actitude dun reducido grupo de alumnos que, tanto en clase como nas instalacións do centro, dificultan o labor educativo e o bo funcionamento do instituto.

A ausencia de medidas que denuncia parte do cadro docente provoca, segundo distintos testemuños, que os propios alumnos con comportamento inadecuado non reciban o apoio que necesitan para reconducir a súa conduta e reducir o seu nivel de absentismo e desatención nas clases, incrementándose o risco de que as súas actitudes de rebeldía esténdanse a máis estudantes. «Solicitamos respostas e instrumentos eficaces que logren reverter esta non desexada situación, e pedimos que se nos escoite desde a Administración para poder abrir un diálogo construtivo», engaden os representantes sindicais en un comunicado lido durante a concentración, xa que sinalaron que non farían A dirección do centro, á que os convocantes reproctiveron contribuído a xerar «unha situación xeralizada de indefensión», tamén evitou calquera valoración sobre a protesta, ao apostar por un debate interno.

Entre as familias con menores matriculados no centro que acudiron á convocatoria predominou o silencio, aínda que expresaron a súa solidariedade co profesorado. Algúns asistentes recoñeceron os problemas de convivencia que xera un reducido número de alumnos e que as medidas que expón o centro non frutifican porque non sempre son apoiadas nin reforzadas polas súas familias.

Representantes do Anpa do IES do Milladoiro teñen previsto reunirse mañá co inspector adscrito ao centro e o responsable territorial do servizo de inspección para analizar a situación. E pola tarde está convocado un Consello Escolar.

A Feira das Profesións, centrada na Intelixencia Artificial reuniu a 31 entidades 

A protesta convocouse hora e media antes de que o instituto celebrase o seu Feira das Profesións, na que máis de 300 estudantes dos últimos cursos (bacharelato e terceiro e cuarto de ESO) puidesen coñecer múltiples titulacións polas que poden decantarse unha vez que conclúan a súa formación no centro amiense.

A feira ofreceulles información sobre os requisitos para acceder a estudos universitarios e de formación profesional. Tamén para optar ás prazas de corpos de seguridade e bombeiros. En total participaron 31 entidades. A oferta de estudos estivo marcada polos cambios que a intelixencia emocional (IA) está a introducir na vida diaria e na formación académica