
Acusa o goberno do BNG e Compostela Aberta de ser incapaces de dirixir a cidade
22 sep 2025 . Actualizado á 09:30 h.O líder do PP santiagués, Borja Verea, denunciou este domingo «a mala xestión de BNG e Compostela Aberta, incapaces de dirixir unha cidade como Santiago». Para o xefe da oposición, «estamos ante un goberno local ao que lle falta preparación, solvencia e gañas de traballar e sacar adiante os asuntos importantes da cidade. E ante esta situación, prometo aos santiagueses un novo rumbo, dirixir con eficacia, con experiencia e capacidade o futuro da cidade».
Verea denuncia que o curso político arrinca con subidas no IBI e na taxa do lixo, e incidiu en preguntarse por que necesítase apertar máis cos impostos «cando dispoñen dos orzamentos máis altos da historia». E ve a unha cidadanía «enfadada» ao comprobar, di, que a cidade está «paralizada, con facturas sen pagar, sen limpar con auténticas carracas por autobuses». En definitiva, «un goberno que non funciona» e unha xestión que cualificou como «nefasta e decepcionante».