
Será no Museo do Pobo, que tamén acollerá as fotografías gañadoras do certame
17 sep 2025 . Actualizado a las 04:55 h.O Museo do Pobo exhibirá a partir do 1 de outubro as fotografías gañadoras e finalistas da 19.ª edición do Premio Luís Ksado. A serie «I gotta change», de Juan de la Quintana, foi a vencedora. O autor impartirá unha conferencia ás 12.30 horas na Facultade de Historia. Ademais, entre as actividades complementarias ao certame, atópase unha homenaxe ao fotógrafo histórico compostelán Tino Martínez. Será o día 2 de outubro ás 19 horas no Museo do Pobo.