
O Concello quere recuperar a actividade deportiva e de lecer na zona
02 ago 2025 . Actualizado á 22:27 h.O Concello de Arzúa e Naturgy asinaron a cesión de chan en Portodemouros, un acordo que supón o primeiro paso para recuperar unha contorna que está abandonado desde fai máis dunha década e que poderá acoller distintas actividades deportivas no encoro xerado pola construción da presa, así como variados programas de lecer vinculados a esta contorna,
O goberno arzuán confirma que o acordo «supón a transferencia ao Concello da xestión dunha parcela así como das instalacións e demais elementos que se atopan na mesma, o que permite dotar de capacidade legal e operativa a institución local». «Portodemouros pode volver ser o que nunca debeu deixar de ser: un espazo vivo, útil e aberto para a xente de Arzúa», afirmou o rexedor, Xesús Carril (BNG).