O Auditorio de Galicia acolleu a multitudinaria gradación da última promoción de Administración e Dirección de Empresas da USC

P. C. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Xoán A. Soler

Preto de 120 alumnos e os seus invitados uníronse a esta celebración, que acabou cunha cea e festa só para o alumnado no Pazo de Vista Alegre

13 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Auditorio de Galicia acolleu onte unha multitudinaria gradación, a dos preto de 120 alumnos da promoción 2021-2025 de Administración e Dirección de Empresas (ADE) da USC. No acto interviñeron María José López Couso, vicerreitora de Titulacións; o decano, Xoán Ramón Doldán; Cristina Aibar, Valentín Vittori e Lydia Campos como padriños da promoción; e, representando o alumnado, Hugo Sande, Lucía Ferreiro, Noa García, Xián Senín e Bruno Montes.

Despois da cerimonia institucional, os alumnos continuaron a celebración cunha cea e festa no Pazo de Vista Alegre.