A Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto sorpresa para presentar a tempada

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

Será esta tarde ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia

19 jun 2025 . Actualizado á 04:55 h.

20.30 horas • Auditorio de Galicia • Gratis previa retirada de invitacións • A Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta do suízo Baldur Brönnimann, presentará esta tarde a súa tempada de abono 2025-2026 cun concerto especial aberto á cidadanía. O repertorio é sorpresa polo que os asistentes descubrirán as pezas ao comezo dunha actuación que tamén dará as claves do próximo curso.

As persoas abonadas terán reservadas as súas butacas. O resto poden asistir de xeito gratuíto previo retirada de invitacións —máximo dúas por persoa— na web de Compostela Cultura, no despacho de billetes da Zona C e no propio Auditorio o día do concerto.

E ademais

Banda Municipal de Música Santiago

20 horas • Praza das Praterías • A formación, que tivo que suspender as súas dúas citas anteriores pola choiva, ofrecerá un concerto en favor das persoas refuxiadas en colaboración coa Rede Galega en Apoio ás persoas Refuxiadas.